Seleccionar página

O proxecto de Rubén Riós reestréase este venres 11 de marzo no Auditorio Municipal de Ourense

Director e protagonistas compartirán co público ourensán os medos, anécdotas e segredos que hai detrás deste filme que tras a súa proxección na cidade da burgas empeza un periplo por outras cidades galegas.

A conexión emocional entre unha película e o público non é unha fórmula matemática e encher a sala de butacas dun auditorio na súa estrea non sempre garánteche unha boa crítica do espectador, máis aínda cando entre o elenco de protagonistas non figuran destacadas estrelas do celuloide e nos créditos non figura que fose rodada en New York ou Manhattan.
Algo diferente tiveron que saber transmitir Mónica Ferreiro e Óscar Rodríguez, Helena e Pablo na ficción, para que a súa historia, tan real como ficticia, cativase a preto de 1000 espectadores en tan só dous fins de semana. O público ourensán ha feito seu este filme que máis aló dos tópicos tradicionalmente explotados na gran pantalla está a remover sentimentos, prexuízos e mesmo a intención comercial do cinema.
Despois de colgar o cartel de aforamento completo para a súa estrea no auditorio municipal de Ourense, Vida e Máis ca vida volveron a encher as butacas desta improvisada sala de cinema en cada unha das proxeccións que se realizaron durante os dous últimos fins de semana.

Reestrea o venres 11 de marzo

Desbordados por este éxito de público e a pesar da demanda de pases noutras localidades, Vida e Máis ca vida só estarán a disposición do público ourensán até o vindeiro domingo, aínda que a sesión do venres 11 será especial. Con aire de reestrea, ás 20.30 horas, a curta e o documental protagonizados por persoas con discapacidade psíquica, volven á gran pantalla do auditorio municipal de Ourense para unha proxección que contará coa participación de parte dos actores e actrices protagonistas do filme.
Óscar e Mónica, acompañados por Rubén Riós, e xunto a outros compañeiros de reparto compartirán novamente co público o visionado do curto e do documental para coñecer de primeira man as impresións dos espectadores e agradecerlles o agarimo que lles mostraron desde que este proxecto viu a luz. Tras o pase, que terá lugar ás 20.30 horas, director e protagonistas participarán nun coloquio en que o desvelarán os medos, anécdotas e segredos que hai detrás de cada unha destas escenas.

O privilexio de rodar en Ourense e chegar ao mundo

Tras esta posta de longo na súa cidade natal, Vida e Máis ca Vida iniciarán o seu periplo polo resto de Galicia e outras localidades españolas que xa mostraron o seu interese por dar a coñecer este traballo. Director e equipo técnico de Vida e Máis ca vida asegura que “o boca a boca” foi a mellor campaña de promoción que está a ter este filme e que suscitou un gran interese en colectivos, entidades e institucións de toda Galicia. Conscientes de que a través do cinema, pódese “chegar ao mundo coas nosas historias e coa nosa diversidade cultural“, Vida e Máis ca vida chegarán tamén ás salas internacionais. Da man da produtora Mordisco Films, a curta e o documental presentaranse en festivais internacionais como o de Málaga ou Cannes.