Seleccionar página

Captura3]

O terceiro proxecto cinematográfico do actor e director ourensán, Rubén Riós, estáse rodando estes días nalgúns dos lugares máis emblemáticos da cidade de Ourense.
Esta mañá puidemos ver as primeiras escenas de “Vida”, un proxecto social que mestura realidade e ficción. A película está protagonizada por persoas con discapacidade intelectual e tamén conta con actores de éxito como Javier Gutiérrez, nomeado ao premio Goya por “La isla Mínima”, e actrices como María Mera e Cristina Castaño.