Seleccionar página

de

  • Tralo éxito das dúas primeiras edicións, a terceira edición consolidou este evento como un dos referentes nas datas de Nadal

  • O público vibrou coas actuacións de Xosé Manuel Budiño, Guadi Galego e o humor de Pepo Suevos.

  • Os asistentes coñeceron da man do actor e director Rubén Riós, o proxecto audiovisual Vida, protagonizado por persoas con capacidades distintas.

  • Os fondos recadados irán destinados integramente á Asociación Española contra el Cancro.

Ourense, 12 de decembro de 2015. Este venres, o Auditorio Municipal de Ourense, celebrou a Gala contra o Cancro. Tras dúas exitosas edicións, volveu este evento cheo de solidariedade que ofreceu unha noite de música, danza e humor da man de consagrados artistas do panorama cultural de Galicia, xunto con futuras promesas da música.

A noite comezou moi forte. Rubén Riós tivo ocasión de grabar en exclusiva un vídeo para os seus pais, cun cámara de luxo: o Excmo. Alcalde de Ourense, D. Jesús Vázquez Abad. Tralo seu monólogo, deu paso ás actuacións das xóvenes promesas da música e da danza: o Grupo de Baile Sabrosura deleitou ao respectable con bailes modernos de zumba e salsa para dar paso ás interpretacións de Laura Novoa e Paula de Arzoá.

A continuación, unha espectadora decidiu falar con Rubén e uniuse a conducir xunto con el a gala. O seu nome, Tere Dasilva. Xa acompañado desta presentadora improvisada, Rubén Riós deu paso ao humor de Pepo Suevos, quen fixo unha curiosa reflexión sobre as festas e as orquestras. A sorpresa chegou cando, por primeira vez e de xeito oficial, o director Rubén Riós presentou a súa obra audiovisual Vida e Máis Ca Vida con todos os protagonistas. Este ano, o cinema tamén tivo a presenza necesaria nesta gala multidisciplinar. Finalmente, os cabezas de cartel: Guadi Galego interpretou temas do seu último disco e mantivo unha íntima e fonda entrevista con Rubén Riós e a gala finalizou con Xosé Manuel Budiño e a súa banda. Como despedida, Guadi Galego e Xosé Manuel Budiño, cantaron xuntos un dos grandes éxitos da música galega actual: Matriarcas.

Numerosos colectivos e entidades públicas e privadas fixeron posible este evento grazas ao seu apoio: Concello de Ourense, Deputación Provincial de Ourense, A Banca, Academia Postal, Bico de Xeado, Castañam, Secreto Galaico, 20 de Vyrras, NH Ourense, Aleuto, Coasa, Pérez Rumbao, Anpian, Sousas e Adegas Galegas. A Organización do evento xa anunciou que se levará a cabo a IV edición da Gala contra o cancro, afirmando, en palabras de David Rodríguez, que “superáronse todas as expectativas”.