Oscar Rodríguez

Encántalle o teatro e o mundo da interpretación dende sempre e embárcase na súa primeira experiencia audiovisual. Involucrado e comprometido co proxecto, levou unha inmensa alegría tras ser seleccionado como protagonista.

Óscar interpreta a Pablo,  reservado pero sempre cun sorriso. Educado, empático, doce e sosegado. É un rapaz con discapacidade que ten como soño, montar o seu propio negocio.

Mónica Ferreiro

Alegre e divertida, pasábao en grande xunto aos seus compañeiros nos ensaios. Sentiuse preparada en todo momento para desenvolver o papel protagonista da obra e estivo co seu sorriso presente durante toda a rodaxe.

Mónica interpreta a Helena, pizpireta, doce e coqueta. É unha moza con discapacidade co obxectivo.