Seleccionar página

Un filme de Rubén Riós titulado Máis Ca Vidaque narra a realidade e vida cotiá das persoas con discapacidade intelectual e unha obra de ficción -Vida- que supón o resultado do traballo de máis de un ano e medio

Presentación Vida 2

* Unha curtametraxe e un documental que amosan como os tabús e prexuízos sociais silencian a creatividade e aptitudes das persoas con discapacidade psíquica.

* Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, María Mera e Estíbaliz Veiga son algúns dos actores e actrices que participan no filme.

* A estrea será este xoves 25 de febreiro ás 21.00 horas no auditorio municipal.

Ourense, 22 de febreiro de 2016.- Acompañado polo conselleiro de Política Social, Xosé Manuel Rey Varela, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o vicepresidente da Deputación provincial, Rosendo Luis Fernández, e a xefa de producción allea da TVG, Montse Besada, o director e actor galego Rubén Riós anunciou esta maña en conferencia de prensa que o auditorio municipal de Ourense será o escenario escollido para a estrea mundial de “Vida” e “Máis ca Vida”. Un proxecto de marcado carácter social protagonizado por persoas con discapacidade intelectual que segundo puxo de manifesto Rubén Riós “que entrelaza nun guión os medos e prexuizos que aparecen no día a día destas persoas para convertilos en obxectivos ”.

Unha mensaxe positiva para acada a plena integración

Coa participación de actores de éxito como Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, María Mera ou Estíbaliz Veiga, “Vida” e “Máis ca Vida” nacen da “vontade de amosarlle ao mundo as infinitas ganas de rachar as barreiras da desigualdade cunha mensaxe positiva, saudable e divertida de que no futuro que temos por diante ninguén pode quedar fóra”, tal e como manifestou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.
Tamén o conselleiro de Política Social, Xosé Manuel Rey Varela puxo en valor a riquexa deste proxecto para dar “visibilidade á discapacidade e completar o traballo que se fai dende as entidades sociais para acadar a plena integración destas persoas na sociedade”, facendo unha especial mención ao mundo laboral.
Rodado en Ourense, o “Vida” e “Máis ca Vida” conforman “un proxecto vital que emana da cidadanía tomando como base a unión e o traballo en equipo”. O binomio necesario para que, segundo asegurou o vicepresidente da Deputación,Rosendo Fernández, “o proxecto sexa un éxito.”

Sentir o amor verdadeiro

Cun formato pioneiro, a xefa de producción allea da TVG, Montse Besada, destacou que “Vida” e “Máis ca vida” apelan ás emocións para “dar voz aos verdadeiros protagonistas da vida” co fin de poñer en valor a súa capacidade e valía, xeralmente silenciadas polos medos e prexuízos sociais. Un traballo que, en verbas dos propios protagonistas, “nos axudou a quitarnos os prexuizos e as barreiras que atopamos no camiño e que nos impiden seguir adiante na vida. E que nos ensinou a sentir o amor verdadeiro a través do personaxes de Pablo e Helena”, tal e como manifestou Óscar Rodríguez. Para él e para Mónica Ferreiro, esta era a primeira vez que se poñían diante das cámaras e afrontaban un proxecto destas características e “aprendimos que todos debemos ter confianza, seguridade e igualdade”.

Estrea mundial dende Ourense

Despois de dous anos de traballo, ensaios e rodaxe, “Vida” e “máis ca Vida” estrearanse este xoves, 25 de febreiro no auditorio muncipal de Ourense ás 21.00 horas. Silvia Jato exercerá de mestra de ceremonias dunha gala na que quere poñer en valor un “proxecto artístico no que os protagonistas son eles-as persoas con discapacidade- por enriba de calquera outra consideración”, asegurou Rubén Riós. “Por iso, cando lles pasei o guión aos actores que ían participar, moitos deles non sabía que ían traballar con xente con discapacidade. Algo que dí moito de todo o elenco artístico que está neste proxecto. Porque tamén se poden facer proxectos rentables con persoas con discapacidade, porque non?
Despois de esta estrea o xoves 25 de febreiro, “Vida” e “Máis ca Vida” podrán verse no auditorio municipal durante as fins de semana ata o 13 de marzo.

Comprar entradas para Vida e Máis Ca Vida

Venres 26 de febreiro ás 20.30h
Venres 4 de marzo ás 20.30h
Viernes 11 de marzo ás 21.00h
Sábado 27 de febreiro ás 19.30h
Sábado 5 de marzo ás 20.30h
Sábado 12 de marzo ás 20.30h
Domingo 28 de febreiro ás 20.30h
Domingo 6 de marzo ás 20.30h
Domingo 13 de marzo ás 20.30h

Realidade, entretemento e comunicación mistúranse nun proxecto baseado na fortaleza e na capacidade de superación deste colectivo. ”Vida” e “Máis ca vida” son a primeira experiencia audiovisual na que os protagonistas da realidade lle trasladan ao espectador dunha maneira lúdica, positiva e realista, as diferencias sociais existentes cun resultado que invita á reflexión.
Nos vindeiros meses, “Vida” e “Máis ca Vida” seguirán o seu camino por toda Galicia e tamén chegarán a varios festivais internacionais.