Seleccionar página

O Centro Municipal José Ángel Valente acolleu este luns a presentación dos tráilers do proxecto audiovisual Máis ca Vida e Vida, do director e actor galego Rubén Riós, quen agradeceu as achegas para que esta iniciativa sexa realidade, así como o ímprobo traballo dos verdadeiros protagonistas, que por unha vez deixan de ser suxeitos pasivos. No acto estiveron presentes, ademais do propio director, a concelleira de cultura Belén Iglesias, quen valorou a iniciativa de Riós ao tempo que anunciou o importante esforzo que o Concello fai e vai facer no futuro en favor da inclusión social; o director de programación do Festival de Cine, César Silva, máis o actor e actriz protagonista, Óscar Rodríguez e Mónica Ferreiro, respectivamente.

Logo dun ano de ensaios e traballo con persoas deste colectivo con capacidades diferentes, o director percatouse das súas inmensas gañas de amosar ao mundo o que son capaces de facer. O seu espírito, forza e traballo en equipo foron o detonante para a realización de dúas grandes obras audiovisuais: “Máis ca Vida e Vida”, un formato pioneiro que transportará o espectador a un mundo de emocións. Segundo avanzou Rubén Riós, a estrea agárdase para os próximos meses de xaneiro ou febreiro.

Ler noticia completa