Seleccionar página

Un recoñecemento a dous anos de traballo, esforzo e sacrificio

Este domingo 29 de maio, no Auditorio Municipal de Vigo, tivo lugar a entrega dos Premios Primavera do Cine do Festival Internacional de Cine de Vigo, onde Vida e Máis Ca Vida formaban parte da selección oficial do certame.

A pesares de que a proxección estaba prevista no mesmo horario que a final da Champions League, houbo unha excelente afluenza ao pase programado para o sábado, onde director e protagonistas da obra, compartiron unha charla-coloquio cos asistentes.

Tras cinco seleccións en festivais nacionais e internacionais (La Bobina Muestra de Cortometrajes, KO Digital de Barcelona, Festival de Cortos de Consuegra e o Certamen de Cortos Orcasitas), Vida obtén o seu primeiro galardón, nesta ocasión como Mellor Curtametraxe Galega no Festival Primavera do Cine.

O director quixo agradecer o premio “ós traballadores sociais, ós emprendedores galegos que queren emprender en Galicia, ás asociacións e fundacións de Persoas con capacidades distintas e aos mestres e mestras vocacionais que loitan día a día“.

Os protagonistas destacaron a inmesa labor do equipo, o traballo diario dos seus compañeiros, o apoio de todos os colaboradores de Ourense e Escudeiros e quixeron agradecerllo especialmente ao director Rubén Riós, pola súa proximidade e humanidade durante todo o proceso.

Este é o comezo do que esperemos, sexan moitos recoñecementos e premios para esta obra, que tantísimo traballo, esforzo, adicación e compromiso supuxo para máis de cinco decenas de profesionais e non profesionais do audiovisual que deixaron corpo e alma nesta cinta.